Castelao está considerado como uno de los impulsores del nacimiento del nacionalismo gallego además de uno de los mejores escritores en lengua gallega y un gran dibujante. Este autor destacó por su conciencia social, por su lenguaje, por reflejar la vida de las clases más desfavorecidas y por su continua crítica de los problemas de la sociedad gallega y, todo ello, regado con un peculiar sentido del humor (la famosa retranca gallega).
En esta ocasión no nos ocuparemos de su extensa obra sino de su sensibilidad, en especial la que muestra en un relato que deja huella y que, por lo menos a mí, me devuelve a la adolescencia, al descubrimiento de la crueldad de la emigración gallega y, sobre todo me lleva a recordar a una persona que ya no está. Es este uno de esos textos que con solo un lectura se convierte en inolvidable: "O pai de Migueliño" del libro Cousas (1926-1929)
.O
pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no
seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados como era o seu
pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
…..Os
americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no
peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus
ollos esculcaban nas greas en procura do pai ensoñado.
…..De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sentiu por el un grande amor, e canto máis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo. …..Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecía por bicalo a fartar. …..¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasou de largo e nin tan sequera reparou en que o seguían os ollos angurentos dun neno. | |
…..Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
…..E cando
esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a
súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi fraco,
metido nun traxe moi frouxo; un home de cera, coas orellas fóra do
cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...
…..Aquel si que era o pai de Migueliño. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario